O comité de folga do transporte público de viaxeiros por estrada vén de emitir un comunicado para informar a todos os usuarios que o vindeiro venres, 5 de decembro, non haberá servizo de autobús interurbano nos municipios de toda a provincia de A Coruña.
A convocatoria tamén afectará de maneira directa ao transporte escolar, e de igual maneira prevese que os paróns continúen os días 12, 15 e 19 de decembro de 2025.
Pódese consultar a relación de servizos mínimos que determina a Xunta de Galicia para a folga na seguinte ligazón: https://www.bus.gal/es/servicios-minimos-establecidos-para-la-huelga-de-transporte


