Ares acendeu a ilusión do Nadal con ‘Ilumina os teus desexos’!

Comparte esta nota de prensa

O pasado venres, a Biblioteca Municipal engalanouse para recibir este período festivo que vén e, xa de paso, encherse de grandes desexos para o 2026. Crianzas e familias achegáronse até alí para decorar xuntas a árbore de Nadal, pendurando dela boliñas coas mensaxes que envían para o vindeiro ano.

No marco do evento organizado pola Concellaría de Cultura, Ares deu comezo ao Nadal grazas ao traballo creativo da súa veciñanza e cun broche final especial: ao rematar a decoración e pendurado, acendéronse as luces festivas da vila.

Alí estiveron tamén as concelleiras Alma Barrón, Lucía Blanco e Victoria Montenegro, desexando que todos os bos desexos se cumpran para o 2026!

 

 

 

Pódeche interesar