As persoas interesadas en participar neste certame poderán achegar as súas propostas ata o vindeiro 5 de febreiro de 2026, inclusive, remitíndoas por correo electrónico a aressaudable@gmail.com indicando no asunto: “Concurso Logotipo Mesa de Saúde Local de Ares”.

Non se contemplan restriccións de participación, dando a opción de facelo de xeito individual ou colectivo (asociacións, centros educativos, etc.).

O logotipo deberá ser orixinal e inédito e representará os valores da saúde comunitaria, colaboración e benestar social.

Só haberá un único gañador ou gañadora, que poderá seleccionar un dos tres seguintes premios:

  1. A) Bono por unha actividade náutica (paddlesurf ou kaiak) no Club Marítimo de Redes para dúas persoas dunha hora e media de duración (1,5 h.).
  2. B) Bono anual para asistir de balde ao ximnasio municipal.
  3. C) Premio metálico por valor de 150 € para investir no comercio local de Ares.

O fallo do xurado farase público durante o mes de marzo de 2026.

Bases completas en PDF: https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-BASES-CONCURSO-DE-DESENO-DE-LOGOTIPO-MESA-SAUDE-LOCAL-ARES-pdf.