Novo programa de emprego integrado da Mancomunidade

Comparte esta nota de prensa

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra vén de comezar co proceso de selección das participantes da próxima edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia.

Diríxese a mulleres en situación de desemprego con residencia en Ares, Cedeira, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño e deséñase co obxectivo de mellorar a capacitación laboral para entrar no mercado de traballo.

O programa inclúe doce meses de formación con módulos para impulsar a impulsar a empregabilidade e seis itinerarios específicos: Intelixencia artificial e Big Data, Construción naval, Limpeza industrial, Cociña, Comercio e loxística e Agricultura ecolóxica. Xunto co período formativo, tamén haberá prácticas profesionais en empresas da contorna.

Pódese ampliar información na web da Mancomunidade ou contactando co equipo técnico do programa nos teléfonos 613 10 85 30 / 613 10 85 35 e no correo electrónico piemancomunidade@ferrol.es.

Consulta o documento explicativo en PDF: PIE MANCOMUNIDADE 

Pódeche interesar