Durante estes 22, 23 e 24 de decembro, o pavillón polideportivo de Ares centraliza a actividade dunha nova edición do Campus Chiquibásquet de Nadal, unha iniciativa promovida polo adestrador Chiqui Barros xunto coa Concellaría de Deportes.
O campus impúlsase un ano máis na vila para a mocidade dos 5 aos 22 anos, divertíndose e mellorando no eido do baloncesto a partir das metodoloxías lúdico-formativas que propón Barros e o seu equipo.
Os rapaces e rapazas mellorarán nas súas habilidades individuais e colectivas, mais tamén terán nesta ocasión unha novidade: contarán con sesións de entrenamento no monográfico de tiro, focalizándose especificamente nesta destreza.
Un xeito de gozar do baloncesto durante o período festivo!





