475 corredoras e corredores sumáronse á XX Carreira de Fin de Ano Ares-Mugardos, unha cita deportiva que volveu unir ás dúas localidades para dicir adeus ao ano coas zapatillas postas, promovida conxuntamente por ambos Concellos.
Con saída e chegada en Ares baixo un percorrido circular de 10 quilómetros, a proba reuniu participantes de todas as idades e niveis, confirmando de novo o seu carácter popular e lúdico. Con todo, nesta ocasión a carreira principiou cun minuto de silencio por mor do falecemento do pai e fillo en Mugardos, con loito oficial na vila veciña, e tamén polo corredor Jesús Bernal.
A carreira, xa asentada como unha tradición na Península de Bezoucos, converteuse nun espazo de encontro para a veciñanza de ambos municipios e saldouse cos primeiros postos do nedense Eloy Villanueva e a fenesa Sofía Barcia na categoría feminina. Ademais, tamén se entregaron as cestas de Nadal, en colaboración con Supermercados Familia, entre os corredores das mans da concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón.
Grazas a todas as persoas participantes, á organización e ás entidades colaboradoras por facer posible esta XX edición 👏
Podes buscarte na fotorreportaxe do Diario de Ferrol!












