O Premio Alén continúa coa súa recepción de manuscritos

Comparte esta nota de prensa

Narradores e narradoras, se neste inicio de novo ano tedes unha obra en galego que aborde a temática da emigración, o IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares agarda a vosa proposta.

Cada participante pode presentar un orixinal inédito e que fale do proceso migratorio tanto alén mar como de calquera outro lugar do mundo. Non é preciso que a emigración sexa o tema central da novela, pero si debe formar parte da trama ou da vida dalgunha das personaxes.

O prazo de admisión das obras estará aberto ata o 9 de maio de 2026 (inclusive), e os traballos deben enviarse á seguinte dirección, indicando nos exterior dos sobres o asunto “IV Premio Novela Curta Alén Concello de Ares“:

Rexistro Xeral, Concello de Ares, Á/a Área de Cultura.

Avenida Saavedra Meneses, 12. CP: 15624 (Ares, A Coruña)

No tocante ao formato, os textos deben ter unha extensión que oscile entre 80.000 e 140.000 caracteres con espazos. Deben presentarse tres copias impresas, mecanografadas a unha soa cara e con letra Times New Roman, tamaño 12, sen firma nin elementos identificativos, incluíndo o título e o pseudónimo do autor/a para garantir o anonimato . Ademais das copias físicas, débese enviar un CD ou pendrive co arquivo dixital en formato OpenOffice, Word ou outro similar.

O Premio Novela Curta Alén Concello de Ares está dotado cun galardón de 2.000 euros e a publicación da obra no catálogo de Hércules de Ediciones. O fallo do xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio cultural, realizarase durante o mes de xuño de 2026.

A entrega do premio e a presentación do libro levaranse a cabo na segunda quincena de agosto de 2026, no marco da festividade do Ares Indiano, fortalecendo a conexión existente entre o concurso e a celebración dun evento que conmemora a memoria da migración local.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local