O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de Baile Paso a Paso, nun evento organizado pola Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ares coa colaboración do Concello.
Unha tarde para gozar da danza, compartir e apoiar unha causa que implica a todas e todos grazas ao compromiso das persoas voluntarias que fan posible iniciativas como esta.
Pavillón de Ares
Entrada: 5 €
Apertura de portas: 16:45 h
Entradas xa á venda nos puntos habituais.
Porque cada xesto conta, para estar ao lado das persoas con cancro e das súas familias.

