O coñecemento arredor da diabetes foi o principal tema da última sesión da AresXSaúde, o programa municipal impulsado polo Concello para promover hábitos de vida máis sans entre a veciñanza.
Ao longo da tarde do venres, Azucena Fernández, axente educativa da Federación Española de Diabetes, explicou como ter unha vida plena con esta condición metabólica, sabendo que cunha rutina saudable é posible establecer unha cotiandade de calidade. A charla divulgativa tamén serviu para resolver dúbidas arredor das ferramentas prácticas que achegou Azucena, fundamentais de cara a reducir a frustración.
A actividade contou coa colaboración da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra, reforzando o carácter divulgativo da Academia ao poñer o coñecemento e a saúde no foco de atención da veciñanza aresá.




