A automedicación responsable, analizada na Academia AresXSaúde

Comparte esta nota de prensa

A Academia AresXSaúde volveu poñer o foco na importancia dos hábitos saudables cunha sesión centrada nunha cuestión moi presente no día a día da veciñanza: a automedicación.

Durante a xornada do pasado venres, Ángel Vázquez Hernández, médico do centro de saúde de Ares, compartiu reflexións e consellos prácticos arredor do uso responsable dos medicamentos, afondando tanto nos riscos como nas vantaxes dunha automedicación ben informada.

A sesión serviu tamén para revisar boas prácticas relacionadas co botiquín caseiro: que fármacos convén ter no domicilio, que material básico para curas é recomendable e como empregar todo iso con criterio.

Como é habitual no programa, houbo un espazo final para resolver dúbidas e favorecer o diálogo directo coa veciñanza, reforzando así o carácter divulgativo desta iniciativa municipal orientada ao coidado da saúde.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Continúa a presenza de Ares en FITUR 2026

Como parte da representación de Ares en FITUR 2026, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, está a manter múltiples encontros no marco das xornadas de