O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor dunha actuación na rede de abastecemento municipal, quedará cortada a subministración de auga en:
 
📍 PARROQUIA DE CAAMOUCO:
A Malata, Chao do Monte, Ixobre, O Pallizo, Barracido, Carballás, Urb. Marina do Pombal, A Solaina, As Pezoas, Curmá, O Curro, Mazaido, O Raso, Seselle e praia de Seselle, Estrada Ares-Redes e Alto da Pena.
 
📍 PARROQUIA DE CERVÁS:
Chanteiro, Cervás, Lubre, Loureiros, Rúa da Paz, Papellas, Subida Pedro García Vilar, Rúa Praia de Estacas e Camiño das Mirandas.
 
📅 Realizarase o vindeiro luns, 2 de febreiro.
🕑 Desde as 09:00 h. ata fin das obras.
👉 Restablecerase o servizo tan pronto como sexa posible.
Desculpen as molestias que lle poidan ocasionar.