O venres pasado, o club de lectura do Concello celebrou a súa última reunión para compartir as súas impresións e perspectivas arredor dunha das obras do autor austríaco Adalbert Stifter: ‘El sendero en el bosque’ (Impedimenta Editorial, 2008), unha novela escrita a mediados do século XIX non exente de escintileos de mordacidade.
A historia que protagonizou o club de lectura segue as peripecias de Tiberius Kneight, un mozo rico por herencia e sen relacións familiares que, fastiado de todo, decide visitar un balnerio baixo os consellos dun doutor algo aloucado que xamais receita medicamento algún aos seus pacientes. Ao contrario: prescribe paseos polo bosque, caixas de lápices e cadernos de debuxos. E será no balneario onde Tiberius procurará alguén con quen casarse.
‘El sendero en el bosque’ manifesta as características propias da corrente romántica do XIX, ao empregar as paisaxes como un vehículo expresivo dentro das novelas, conectándose cos sentimientos e vivencias das personaxes.



