A empresa Naturgy vén de comunicar ao Concello que, ao longo dos días 9 e 10 de febreiro, efectuará traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica entre as 9:00 e 12:00 h., deixando fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións no subministro de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:

  • Avenida Federico García Expósito (número 19) e rúa Fontelide (número 5).

O teléfono que proporcionan dende Naturgy para aqueles que desexen calquera aclaración ao respecto é 900 333 999.