O amor e as súas perspectivas: unha conversa entre narradoras que afondou nas complexidades da novela romántica e da propia escrita

Comparte esta nota de prensa

As autoras Abril CaminoPremio Xerais 2025–, Mav Alonso e Rocío M. Bouzón estiveron este mércores pasado no salón de actos da Alianza Aresana para compartir coa veciñanza as súas experiencias e reflexións sobre a literatura romántica e a poesía intimista, no marco do evento ‘O amor e as súas perspectivas’.

O encontro serviu para debullar as particularidades da creación literaria, mais tamén pensar conxuntamente as posibilidades expresivas dun xénero que permite achegarse a temas como o feminismo, as novas identidades, o tipo de relacións afectivas que construímos ou a saúde mental.

A actividade enmarcouse no programa ‘Perspectivas literarias’, impulsado pola Biblioteca da Deputación da Coruña e a Asociación Galega de Escritoras e Escritores (AGER), co obxectivo de fomentar a lectura entre o público adulto e xuvenil, descentralizar a cultura e achegar a literatura galega contemporánea á cidadanía.

 

Pódeche interesar