Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que se organizaron na Biblioteca Municipal aresá.
As crianzas animáronse a personalizar coas súas personaxes de ficción favoritas unhas bolsiñas de tea que puideron levar á casa, encargándose de darlles vida con cores e creatividade!
Unha data, a do Día do Cómic, destinada a recoñecer o seu valor cultural e a súa importancia na sociedade actual, sabendo que son unha compañía dende a infancia até a idade adulta.








