A casa consistorial de Ares vén de iluminarse ao longo de toda a fin de semana para conmemorar de xeito simbólico o Día Mundial da Hemofilia 🩸 que se celebra cada 📅 17 de abril. O vermello proxectouse sobre a súa fachada nestes últimos días, apoiando así as reivindacións da Asociación Galega da Hemofilia (AGADHEMO).
O lema do 2026 para esta efeméride é ‘O diagnóstico: primeira etapa da atención’, que destaca a importancia crucial do diagnóstico como primeiro paso para o tratamento e os coidados integrais ás persoas con hemofilia A ou B, a enfermidade Von Willebrand (EVW) ou outros trastornos da coagulación.
Unha xornada para visibilizar ás persoas afectadas por esta doenza, ao tempo que contribúe á sensibilización da sociedade sobre as súas realidades.

