Onte mesmo, coincidindo coa celebración do Día do Libro 2026, até a Alianza Aresana desprazáronse os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xurxo Antelo e Daniel Lanero para presentar a súa obra Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar: franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia (Edicións Trea, 2025), nun encontro conducido pola concelleira de Cultura, Alma Barrón.
No evento, os autores ofreceron unha análise detallada sobre a vivenda social destinada aos mariñeiros galegos durante o franquismo, empregando este fío condutor para reconstruír tamén a memoria laboral, social e política desas comunidades vinculadas ao mar.
O libro permitiu achegarse á realidade cotiá destas familias, abordando cuestións como as condicións de vida, o traballo no sector pesqueiro ou a intervención do rexime nas súas dinámicas sociais. E tamén se lle adicou un capítulo a Ares, estudando a vivenda social das denominadas como ‘Casas baratas’.
Un xeito de contemplar dende un novo enfoque o pasado de Galicia e as historias detrás das xentes do mar.




