O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 45.000,00 € por parte de Augas de Galicia para o financiamento do proxecto “Mellora da xestión dixital do ciclo urbano de Ares para minimizar as perdas de auga potable” que ascende a 51.155,56 € financiado ao abeiro da Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede a súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual (código de procedemento AU301E) (DOG núm. 71, do 11 de abril de 2025).

Na rede de auga potable municipal do centro urbano non dispoñen de sistemas de control que permita sectorizarla para detectar posibles fugas e, con iso, eliminar as perdas de auga que poidan producirse.

Coa execución do proxecto se persegue unha xestión máis eficiente e dixital dun ben tan prezado como a auga, co fin de minimizar no máximo posible as súas perdas no sistema de abastecemento municipal e contribuír ao cumprimento da normativa e dos obxectivos ambientais nun complexo escenario de cambio climático, xestionando así con eficacia e eficiencia este servizo tan indispensable para a poboación.

Esta actuación atópase contemplada nas medidas para minimizar as perdas na rede, dispostas no “Plan de actuacións para minimización de perdas de auga no Concello de Ares” desde 2023 ata 2026 (ambos os incluídos), sendo devandito organismo consciente das desviacións existentes entre os consumos e os datos de subministración, e realizando como consecuencia importantes investimentos para a modernización e mellora da rede con diferentes actuacións, tales como a renovación das tubaxes de fibrocemento, supresión de bifurcacións de acometidas domiciliarias, etc.

Elimínase deste xeito as perdas de auga na rede municipal e todo iso mediante a renovación de contadores de auga fría das vivendas con sistema de telelectura (por orde de antigüidade) así como a instalación dunha serie de contadores xerais conexionados a un equipo de telemetría encargado de controlar o rendemento da rede.