Asunto: BASES OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA XII-ALUMNOS/AS

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de novembro de 2025 (DOG núm. 228 do 14 de novembro de 2025), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os Concellos de Ares, Neda e Fene asinaron un convenio de colaboración para a realización do obradoiro de emprego por ter interese en colaborar, co obxectivo de solicitar unha subvención ao abeiro da Orde citada por considerar o beneficio que supón a realización conxunta do obradoiro de emprego.

O 17 de abril de 2026 mediante Resolución da Xefatura territorial da Coruña da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, concédese ao Concello de Ares unha subvención, co núm de Expte TR353A-2025/000042-1, para financiar os gastos de formación e funcionamento, así como a subvención para os gastos salariais de 20 alumnos/as-traballadores/as participantes para as especialidades (SSCS0208) ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS e (MAMD0209)TRABALLOS DE CARPINTERÍA e (MAMD0109) APLICACIÓN DE BARNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERIA E MOBLE.

Procede, polo tanto, seleccionar ás/os traballadoras/es con arreglo ás bases oportunas.

De acordo coas atribucións que confire á Alcaldía o artigo 21 da lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar as seguintes bases para a selección do alumnado para a realización do proxecto do obradoiro dual de emprego “REINICIA XII”.

Este programa mixto de emprego e formación ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos, Eixe prioritario 1,a Empregabilidade e crecemento intelixente, que recolle un modelo integral de desenvolvemento coa finalidade de superar a situación laboral previa á crise e a creación de postos de traballo sustentables.

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA XII” FINANCIADO POLA CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN.

1ª.- OBXECTO

A través do procedemento de selección que se sinala nestas bases e de conformidade co disposto na lei5/2015 de 30 de outubro do Estatuto Básico do Empregado público, a lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, e demáis disposicións de pertinente aplicación, o obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego:

  • Vinte (20) alumnos/as traballadores/as inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego (Anexo VII)

2ª.- MODALIDADE DE CONTRATACIÓN E DURACIÓN DO CONTRATO

O alumnado será contratado mediante a modalidade de “contrato para a formación e alternancia”, de acordo co disposto no apartado 1 da disposición adicional segunda do texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, a estes contratos non será de aplicación o limite de idade, nin o de duración establecido, respectivamente, no artigo 11.2.a) e b) de dito estatuto. A contratación do persoal será pola duración total do obradoiro será de 9 meses.

3ª.- CONVOCATORIA, ADMISIÓN DE ASPIRANTES, PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Os/as demandantes de emprego preseleccionados/as pola oficina de emprego, serán informados/as e convocados/as para participar no proceso de selección (polos concellos promotores do obradoiro) unha vez presentada a oferta de emprego.

O número de candidatos/as a remitir pola oficina de emprego, deberá ser, na medida do posible e como mínimo de tres por posto.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará Resolución aprobando a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, indicando neste caso as causas que deron lugar a exclusión, que se fará pública no taboleiros de anuncios e páxina web do Concello, concedéndose un prazo de 2 días hábiles, dende a publicación da lista, para presentar reclamacións ou emenda de erros.

As reclamacións, se as houbera, serán resoltas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, e que se publicará do mesmo modo que a provisional.

Os anuncios de cualificación da valoración de méritos e entrevista farase pública mediante a publicación da correspondente acta/anuncio do tribunal no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.

4ª.- PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DOS/AS ASPIRANTES.

Para a selección do alumnado traballador do obradoiro o Concello de Ares tramitará as correspondentes ofertas de emprego na oficina de emprego de Ferrol-Esteiro, da acordo ao establecido no artigo 11 da Orde do 14 de novembro de 2025 (D.O.G ºNº 228).

Os concellos promotores do Obradoiro de emprego, poñerase en contacto coas persoas preseleccionadas, indicándolles a forma, lugar e prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios avaliables según o Anexo VII do baremo de selección do alumnado:

  1. Ter planificado no seu Itinerario Profesional de Inserción a súa participación nestes programas, según xustificante da oficina de
  2. Persoas beneficiarias que non recibiran previamente atención polo sistema, según modelo de declaración responsable (Anexo VIII).
  3. Discapacidade maior ou igual ao 33%, certificado minusvalía.
  4. Experiencia laboral, con documento da seguridade social de vida laboral
  5. Nivel de cualificación profesional, co xustificante que acredite o seu nivel de cualificación. Quen non aporte ningún documento referido a os puntos anteriores para a súa baremación se lle adxudicarán 0 puntos nese

Os aspirantes convocaranse para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

Os aspirantes deberán acreditar a súa personalidade coa exhibición do documento nacional de identidade ou pasaporte.

Os correspondentes anuncios e o resultado do proceso selectivo farase público mediante a publicación da correspondente acta/anuncio do tribunal no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.

No caso de empate nas puntuacións totais de dous ou máis aspirantes, dirimiranse atendendo as seguintes circunstancias:

1º.- maior tempo acreditado como desempregado 2º.- o de maior idade

5ª.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.

O obradoiro dual de emprego  confírese como un programa mixto de emprego e formación que ten como finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo e que as persoas beneficiarias participantes serán aquelas persoas mozas de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no momento de selección do alumnado, inscrita e en situación de beneficiarias no sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia.

Este Obradoiro ten como concello promotor ao Concello de Ares e aos Concellos de Neda e Fene, según convenio de colaboración asinado.

  1. O tribunal cualificador terá como función a valoración de méritos alegados polos/as aspirantes remitidos pola Oficina de Emprego de Ferrol-Esteiro e a valoración das entrevistas, será designado pola alcaldía (en virtude do artigo 21.1.g) da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local).

A comisión de selección estará integrada por cinco persoas en representación das mencionadas entidades promotoras.

  1. Se por calquera causa , no momento no que teñan lugar as reunións do grupo de traballo mixto, algún compoñente non puidera acudir, poderá ser substituido por quen designen dende as entidades

As reunións do grupo de traballo recolleranse nas actas correspondentes.

  1. Os membros do tribunal absteranse de intervir e o comunicarán á autoridade convocante cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 23.2 de Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público. O/ as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran aquelas
  2. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan en aplicación das presentes normas así como nos casos non previstos polas
  3. O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores, con voz e sen voto, para as probas en que así o estimen necesario ou

6.- Os membros concorrentes ás sesións do tribunal e para os efectos de percepcións de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002, sobre indemnizacións por razóns do servizo.

6ª.- PUNTUACIÓN FINAL.

Rematada a selección, o Tribunal publicará a relación de aspirantes pola orde de puntuación obtida por cada un deles, seleccionándose aos aspirantes que alcancen maior puntuación.

Publicada a referida lista as persoas interesadas poderán presentar reclamacións no prazo máximo de un día hábil dende tal publicación.

O resto dos/as candidatos/as que tiveran superado o proceso selectivo formarán parte dunha lista de agarda ordenada en función da puntuación obtida, de maior a menor, aos efectos de posibles substitucións ou renuncias das persoas propostas ou, no seu caso, contratadas para este programa, sendo chamadas, nese caso, aquelas que acadasen as maiores puntuacións, sempre e cando reúnan nese momento os requisitos esixidos nestas bases.

En caso de renuncia pasará ao último posto da lista.

7ª.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

Valorados todos os méritos alegados polos aspirantes que reúnan as condicións esixidas e realizada a entrevista, o tribunal de selección fará a proposta de contratación que será elevada ao Alcalde para que formule a contratación das persoas que acadasen as maiores puntuacións, en número que non supere á das prazas obxecto da convocatoria.

Previamente, e de acordo coa circular de “Instruccións en relación co procedemento de selección do persoal directivo, docente e de apoio así como do alumnado-traballador dos programas de emprego para persoas mozas e obradoiros duais de emprego”,.

Os/as candidatos/as designados/as para seren contratados/as deberán achegar, no prazo de 3 días naturais (contados a partires da publicación do resultado da selección), a seguinte documentación:

  1. Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un/ha colexiado/a en exercizo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das tarefas correspondentes ao
  2. Declaración xurada de non ter sido separado/a ou despedido/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas, Entidades Locais ou órganos constitucionais ou estatutarios das AA, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de emprego ou cargo público por resolución xudicial.
  3. Declaración xurada de non atoparse incurso/a en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ao momento da súa contratación.
  4. Certificado conta

Mentres non se formalice o respectivo contrato e non se incorpore ao posto de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

As persoas contratadas están obrigadas a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, de acordo coa lexislación aplicable, quedando sometidas a un período de proba de 15 días, co alcance previsto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores e estará suxeita a lexislación laboral pertinente.

8ª.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.

O tribunal queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e adoptar os acordos necesarios para boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.

9ª.- RECURSOS.

A Resolución de alcaldía que aproba as presentes bases pon fin á vía administrativa e fronte á mesma poderá interpoñerse potestativamente o RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, significándose que no caso de interpoñer o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo até que sexa resolto expresamente, ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Transcorrido un mes dende a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle teña notificado resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñer o recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado Contencioso-administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ao de aquel no que se teña producido o acto presunto.

Non obstante, poderán interpoñer directamente RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

BASES OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA XII-ALUMNOS CON ANEXOS en pdf