‘Quere o teu Mercado’, unha campaña á que se suma o Concello de Ares para dinamizar o consumo de proximidade no Mercado Municipal da vila

Comparte esta nota de prensa

  • A Concellaría de Comercio adheriuse de novo a esta iniciativa da Xunta de Galicia destinada a promocionar e visibilizar a función dos mercados e prazas de abastos como espazos chaves na cotiandande, estimulando socioeconomicamente o tecido das vilas.
  • Esta mesma mañá, programouse unha visita do alumnado de primaria do CPI As Mirandas ó Mercado de Ares e o sábado, 30 de maio, achegarase tamén o grupo de gaitas Trouelada para facer unha actuación musical.

 

Para conmemorar o Día Internacional do Mercado que se celebra ao longo desta semana, a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, recibiu esta mañá no Mercado Municipal de Ares a preto de 65 nenos e nenas de primaria do CPI As Mirandas, un nutrido grupo que visitou aos praceiros e praceiras para coñecer o que fan no día a día.

Así, en colaboración co centro educativo aresán, o Concello promoveu este encontro para que os máis pequenos pudieran entender como se organiza o mercado, como xurdiron as prazas de abastos e cal é a súa función na actualidade, enfatizando a relevancia de mercar produtos de proximidade polo seu impacto positivo no municipio e a súa calidade.

As crianzas tamén aproveitaron o percorrido para entregar aos praceiros un mural personalizado para sacar a relucir toda a súa creatividade co eslogan ‘No mercado, máis preto e máis fresco!’.

A Concellaría de Comercio sumouse así a esta campaña impulsada pola Xunta en diferentes prazas de abastos de toda Galicia, de cara a poñer en valor e visibilizar o seu papel como espazos sociais e económicos fundamentais para a veciñanza, con produtos de calidade e atención personalizada.

A celebración da efeméride continúa tamén o sábado, 30 de maio, coa actuación musical da banda de gaitas Trouleada, que percorrerá as instalacións do mercado aresá.

 

Pódeche interesar