O club de lectura municipal afonda na ironía e o humor inglés de Saki

Comparte esta nota de prensa

 ‘Cuentos de humor y de horror (Anagrama, 2008) foi o libro protagonista da última sesión do club de lectura municipal que se celebrou o venres!

Unha obra escrita polo autor  birmanés –aínda que criado dende a infancia en InglaterraHector Hugh Munro, alias ‘Saki’, e que está constituido por unha amalgama de contos caracterizados por un humor por veces ácido, e tamén unha constante presenza de guiños irónicos. Ata nas historias máis espeluznantes hai unha mota humorística, trazo fundamental da prosa de Saki.

E, ademais, o club de lectura de Ares tamén recibiu á xornalista, escritora e creadora escénica Ana Geranios, no marco do programa POLDRA da Deputación da Coruña, que se achegou para falar coas súas integrantes sobre un dos temas que máis traballa: a escoita do reino vexetal como unha práctica de resistencia ante o declive da sociedade contemporánea.

Toda unha proposta eco-literaria!

 

Pódeche interesar