Ares despide o curso das súas actividades para maiores

Comparte esta nota de prensa

Onte reuníronse nas instalacións do Casino Aresano os participantes de todas as programacións que impulsa a Concellaría de Igualdade e Benestar na vila para as persoas maiores.

Xuntáronse así os grupos das diferentes actividades para compartir unha merenda, bailar e celebrar o peche do curso ordinario, até que regresen as iniciativas das que forman parte: os obradoiros de estimulación cognitiva, manexo de smartphones, lectoescritura e mesmo a iniciativa ‘Móvete pola música’, unha novidade deste ano que permitiu exercitar a memoria ao mesmo tempo que se cantaba e bailaba.

A concelleira de Benestar, Victoria Montenegro, acudiu ó peche e agradeceu a involucración un ano máis da veciñanza neste conxunto de iniciativas, ao mesmo tempo que tamén lles facía entrega dun agasallo conmemorativo por parte do Concello.

Tamén se sumou á celebración o veciño Geno Fernández, que preparou varias das súas interpretacións musicais para amenizar a tarde.

Vémonos á volta do verán!

 

Pódeche interesar