Avisos

RESOLUCIÓN ALCALDÍA

APROBACIÓN DEFINITIVA DO RESULTADO DA FASE DE CONCURSO, EXENCIÓN REALIZACIÓN PRIMEIRO EXERCIZO “COÑECEMENTO LINGUA GALEGA” E CONVOCATORIA SEGUNDO EXERCIZO FASE OPOSICIÓN “PROBA ESCRITA” NO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA VACANTE DE OFICIAL DE PRIMEIRA NAVE ALMACÉN, PERSOAL LABORAL FIXO INCLUIDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES

Rematado o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo para a cobertura de 1 praza vacante de Oficial de Primeira nave almacén, Persoal Laboral fixo incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C1, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local

de Goberno o día 02/03/2026 e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026,

Elevada a definitiva a listaxe de aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso selectivo.

Designado o Tribunal calificador e vista da Acta nº 1 asinada asinada polo tribunal en data 03/06/2026 co resultado da fase de concurso dos aspirantes, publicada por espazo de 5 días hábiles sen terse presentado alegacións.

Esta Alcaldía en virtude do artigo 233.3 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e das súas cometencias.

RESOLVE.

Primeiro.- Elevar a definitivo o resultado da fase de concurso segundo se expresa a continuación.

 

NOME E APELIDOS E DNI Puntuación apartado 9.1.1 Puntuación apartado 9.1.2 Total                  puntuación fase concurso
Juan Carlos Candal García DNI: ***6691** 20 20 40
José Ángel Chaparro Fernández DNI: ***5717** 20 20 40
David Permuy Río con DNI.- ***8069** 13 20 33
Alfonso José Varela Rey con DNI ***9080** 12 0 12

 

Segundo.- Declarar a exención de realización do primeiro exercizo da Fase de oposición “Coñecemento da lingua galega) de todos os aspirantes, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega esixido na convocatoria.

Terceiro.- Designar vindeiro martes 16 de xuño do 2026 ás 18:30 horas, no salón de sesión da Biblioteca Municipal de Ares, para realización do segundo exercizo da fase de oposición: 

“Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Este exercicio estará orientado a comprobar os coñecementos teóricos do persoal aspirante nas materias xerais e específicas. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test composto por 20 preguntas mais 4 preguntas de reserva, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo III destas bases.

As preguntas de reserva deberán ser contestadas polos aspirantes e utilizaranse para substituír aquelas preguntas do exame inicial que fosen anuladas polo Tribunal, previo acordo motivado ao respecto. Neste suposto, a pregunta anulada do exame inicial terase por non formulada e será substituída pola primeira pregunta de reserva, e así sucesivamente no caso de que houbera mais dunha anulación.

O exercicio será determinado polo Tribunal antes da realización do mesmo. O tempo máximo para a realización do exercicio será de 60 minutos.

A proba cualificarase de 0 a 20 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 10,00 puntos para supéralo. Valor da cada pregunta acertada: 1,00 puntos.

As respostas erradas penalizarán 0,50 puntos e en branco 0,25 puntos.”

 

Ordear a publicación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do presente anuncio e convocatoria.

O manda e asina, o Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo en Ares á data da sinatura electrónica, do que eu como secretario, dou fe.

Ante min,

O Secretario                                                                                        O Alcalde

 

RESOLUCIÓN en pdf