A Policía Local de Ares propón unha charla informativa cos hostaleiros da vila para preparar a temporada de verán

Comparte esta nota de prensa

  • A iniciativa está coordinada conxuntamente coa Policía Local e Garda Civil de Mugardos.

 

O vindeiro xoves, 25 de xuño, ás 11:00 horas, a Policía Local de Ares promoverá unha reunión cos locais de hostalería aresáns para achegar de xeito personalizado diferentes obligacións e circunstancias que deben cumprir de cara á temporada de verán.

Será no salón de actos da Alianza Aresana onde o persoal da Policía Local se atopará cos hostaleiros e hostaleiras aresáns para explicarlles cuestións básicas como a obrigatoriedade de colocar cartelería, en lugar visible, de prohibición de alcohol ou tabaco a menores; as condicións das terrazas en vía pública; información vencellada coa realización de concertos ou espectáculos nos locais e mesmo o cumprimento de horarios.

Con todo, o encontro tamén é unha oportunidade para formular dúbidas máis específicas aos axentes da Policía Local de Ares sobre outras temáticas que estean relacionadas cos negocios de hostalería.

Ademais, a xornada coordínase coa Policía Local e Garda Civil de Mugardos, que materializarán nese día unha charla en paralelo no seu municipio sobre o mesmo asunto.

Con acceso libre.

Pódeche interesar

Notas de prensa

MARCHA CONTRA O CANCRO: Andaina solidaria!

O vindeiro 12 de xullo, a Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares impulsa a súa andaina solidaria no municipio, unha oportunidade