O vindeiro 25 de outubro, o Casino de Ares converterase no punto de encontro para as persoas afeccionadas ao xadrez cunha nova edición deste torneo, organizado polo Círculo Ferrolano de Ajedrez, en colaboración coa Escola Ferrolá de Xadrez e co patrocinio do Concello de Ares.
A competición disputarase mediante un sistema suízo de 7 sesións, con categorías Sénior, Veteráns (+60), Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10.
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e, durante a clausura, sortearanse 5 vales para mercar unha pizza na Pizzería Carlos de Narón.
Programa da xornada:
- 10:30 h – Inscricións
- 11:00, 12:00 e 13:00 h – Sesións da mañá
- 16:00, 16:45, 17:30 e 18:15 h – Sesións da tarde
- 19:00 h – Clausura e entrega de premios
Inscricións: xoanrei@gmail.com
Teléfono: 655 796 421
Máis información en xadrezferrola.gal e info64.org.
Anímate a participar e desfruta dunha xornada de xadrez en Ares!

