ANUNCIO REVISIÓN EXÁME POR IMPUGNACIÓN DA PREGUNTA Nº 14 DO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PERSOAL FUNCIONARIO QUENDA LIBRE MEDIANTE OPOSICIÓN INCLUIDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES
Sendo as 11:25 horas do día 18 de xuño do 2026, reúnese no salón de sesión do Concello de Ares, o tribunal seleccionador (designado por Resolución da Alcaldía 2026-0506 de data 03/06/2026, publicada no B.O.P nº 105 de data 5 de xuño de 2026) para a selección dunha praza de auxiliar administrativo/a persoal funcionario quenda libre mediante oposición incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C2, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 02/03/2026, e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026 baixo a presidencia de D. Manuel Larrosa Rodríguez, estando presente a secretaria Mª Concepción Dragó Porta e os vogais:
1º Vogal: Dna Carmen González Tenreiro
2º Vogal: D. Benito José Calvo Castro, (a través de medios telemáticos)
Estando presentes a maioria suficiente para quorum dos membros do Tribunal, dando comenzo as actuacións que siguen:
PUNTO PRIMEIRO.- REVISIÓN EXÁME E IMPUGNACIÓN DE PREGUNTA Nº 14. SEGUNDO EXERCIZO FASE OPOSICIÓN.
Recibido en data 18/06/2026 rexistro de entrada 1219, escrito dun aspirante interesando anulación de pregunta 14 do exáme (2ª exercizo fase oposición) segundo o seguinte teor literal:
“ Impugnación pregunta 14
La Ley Orgánica 2/1986 de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad regula tanto a las Fuerzas de Seguridad del Estado como a las Policías Locales. Sin embargo, el programa de la convocatoria acota de forma expresa y literal el estudio de dicha ley a las “Funciones de la policia local”, por lo que esta pregunta vulnera las bases de la convocatoria.
Conclusión: Al no figurar el estudio de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado en el temario aprobado,solicito que la pregunta sea declarada nula”
Revistada a solicitude e estando conforme o Tribunal procédese á anulación da pregunta nº14 e por conseguinte á corrección da seguinte pregunta (Reserva 1) acadándose polos candidatos novas calificacións froito da nova corrección coa anulación da pregunta nº 14 e corrección da Reserva 1.
Procede por tanto o tribunal á súa cualificación, e se fai público o resultado acadado polos aspirantes logo da revisión, ao efecto da continuidade no proceso de selección do aspirante
APTOS:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos | Puntuación |
| *0548 | CARMEN FERNANDEZ RIVEIRO | 28,50 |
| *7817 | INES FERNANDEZ CARREIRA | 23,75 |
Declarando NON APTOS aos seguintes aspirantes:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos |
| *0247 | ALMUDENA LOPEZ MUIÑO |
| *1977 | ANA PASTORA RECAREY LEMA |
| *2336 | ANDRES NOVOA MENAYA |
| *0631 | CARLOS PIÑEIRO PAZOS |
| *7413 | GLORIA MONTERO RICO |
| *1338 | JOAQUIN IGLESIAS CUENCA |
| *7056 | LUCIA FREIRE FERNANDEZ |
| *9325 | MAITE MOURIZ FERNANDEZ |
| *4445 | MARÍA ÁNGELA FORTUNA LÓPEZ |
| *9592 | MARIA JOSE MARTINEZ TABOADA |
| *0082 | MERCEDES GARCIA PAZO |
| *6700 | NURIA VECINO CORDERO |
O Tribunal acorda ordear a publicación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do resultado do segundo exercizo da Fase de oposición e convocar a todos os aspirantes declarados APTOS no presente exercicio, para a realización do terceiro exercizo da fase de oposición para o vindeiro 25 de xuño do 2026 ás 17:30 horas no salón se sesión do Concello de Ares, sito na Avda Saavedra Meneses nº 12, Ares.
“TERCEIRO EXERCICIO: Suposto práctico.
Consistirá na realización por escrito dun exercizo entre os tres propostos pola Comisión seleccionadora no que se valorará a aplicación práctica dos coñecementos teóricos das persoas aspirantes. Os supostos serán determinados polo Tribunal que, previa a realización do mesmo, fixará o suposto e a rúbrica de puntuación. O tempo máximo de duración deste exercizo será dunha hora.
Neste exercizo valorarase a formación xeral, a claridade e orde das ideas, a facilidade de exposición escrita, e a capacidade de síntese. Tralo remate do tempo de exposición escrita, o tribunal poderá establecer unha quenda de lectura e defensa do exercizo, onde se realizarán preguntas e/ou aclaracións ás persoas aspirantes relacionadas co exercizo ou coas funcións do posto de traballo. Esta exposición, de ser o caso, gravarase e incorporarase ao expediente.
A cualificación deste exercizo será de 20 puntos, debendo acadarse unha puntuación mínima de 10 puntos para superar a mesma.
Para realizar este exercizo, as persoas aspirantes poderán facer uso dos textos, documentación ou libros de consulta que consideren oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material a utilizar non poderá ser susceptible da devandita conexión (ordenadores portátiles, tablets, móviles…)
O Presidente
