A Concellaría de Medioambiente lembra ás persoas propietarias ou responsables de animais de compañía a necesidade de cumprir coas obrigas que afectan ao coidado do espazo público. Porque ter unha mascota tamén conleva unha responsabilidade á hora de contribuír á mellora da convivencia entre veciños e veciñas 🤝.
Así, é obrigatorio recoller sempre as deposicións dos animais na vía pública para depositalas de xeito hixienicamente aceptable nos colectores de lixo. Ademais, tamén é necesario verter unha solución hixienizante —auga con deterxente, auga con vinagre ou similar— sobre os ouriños, especialmente en pavimentos, mobiliario urbano e paredes.
O incumprimento destas obrigas considérase unha infracción da ordenanza municipal e pode implicar sancións de entre 100 e 500 euros.
Son, en esencia, pequenos xestos que contribúen a coidar os espazos comunitarios, evitar malos cheiros e reducir o deterioro do mobiliario e das rúas.
Acceso á ordenanza reguladora: https://sede.dacoruna.gal/subtel/ordenanzas/ordenanza/6013186

