O Concello vén de ser informado de que este xoves, 25 de xuño, ás 11:00 horas aproximadamente, realizarase un simulacro de comprobación da sirena de emerxencias instalada en Redes , un dispositivo de seguridade que se activa no caso de que se producise unha inundación pola rotura da presa do Eume.
Porén, recálcase que a activación prevista para este xoves terá unicamente carácter de proba, co obxectivo de verificar o seu correcto funcionamento e garantir que o sistema de aviso se atopa plenamente operativo.
Deste xeito, a emisión do sinal acústico non responde a ningunha situación de emerxencia real.
Agradécese a comprensión.

