Ares prepara o verán cunha charla informativa ao seu tecido hostaleiro

Comparte esta nota de prensa

O Concello, a través da Policía Local da vila, promoveu esta mañá unha charla informativa dirixida aos propietarios de establecementos de hostalería para abordar diferentes cuestións relacionadas coa campaña estival e facilitar o desenvolvemento da súa actividade durante os vindeiros meses.

Durante o encontro, os axentes tanto da Policía Local de Ares como da Garda Civil presentes no salón de actos da Alianza Aresana explicaron nocións prácticas para os hostaleiros, así como a normativa aplicable ás terrazas, os horarios, a celebración de concertos e espectáculos ou a cartelería obrigatoria relacionada coa protección das persoas menores de idade.

A sesión serviu tamén para resolver dúbidas e intercambiar impresións cos profesionais do sector, reforzando a colaboración entre administración e hostalería de cara a unha temporada de verán máis segura.

Á xornada asistiu tamén a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, que acompañou ao persoal da Policía Local. A iniciativa desenvolveuse de maneira coordinada coa Policía Local e a Garda Civil de Mugardos, que celebraron igualmente unha sesión informativa semellante no municipio veciño.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.