Xa locen nas fachadas do edificio de Servizos Sociais e da casa consistorial as bandeiras do colectivo LGTBI+, a modo de xesto simbólico de apoio no Día da Diversidade Sexual que se celebra cada 28 de xuño: unha xornada para reivindicar a igualdade e os dereitos de todas as persoas independientemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.
Con todo, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ares tamén se adheriu de novo á campaña ‘LIBERDADE DE SER E DE SENTIR’ que impulsa a Deputación da Coruña, sensibilizando arredor da necesidade de incrementar a tolerancia e celebrar a diversidade dentro da nosa sociedade.
Na propia campaña, faise fincapé na importancia de garantir os dereitos acadados ao longo dos anos, cun marco lexislativo que protexe e recoñece os dereitos LGTBI+, rexeitando calquera iniciativa que procure recortar as liberdades públicas. E tamén se defende a erradicación de todo tipo de discriminación ou violencias, promovendo a creación de contornos seguros en toda a provincia.
Por unha sociedade onde todas as identidades teñan cabida, recoñecemento e protección, libre de odio e de medo!
- En PDF: 2026-Manifesto-Ser e sentir-Campaña
- + info LIBERDADE DE SER E DE SENTIR: https://seresentir.gal/seresentir/gl/





