ANUNCIO DO RESULTADO DO TERCEIRO EXERCIZO DO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PERSOAL FUNCIONARIO QUENDA LIBRE MEDIANTE OPOSICIÓN INCLUIDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES
Sendo as 17:30 horas do día 25 de xuño do 2026, reúnese no salón de sesión do Concello de Ares, o tribunal seleccionador (designado por Resolución da Alcaldía 2026-0506 de data 03/06/2026, publicada no B.O.P nº 105 de data 5 de xuño de 2026) para a selección dunha praza de auxiliar administrativo/a persoal funcionario quenda libre mediante oposición incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C2, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 02/03/2026, e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026 baixo a presidencia de D. Manuel Larrosa Rodriguez, estando presente a secretaria Mª Concepción Dragó Porta e os vogais:
1º Vogal: Dna Carmen González Tenreiro
2º Vogal: D. Benito José Calvo Castro,
Estando presentes a maioria suficiente para quorum dos membros do Tribunal, dando comenzo as actuacións que siguen:
PUNTO PRIMEIRO.- TERCEIRO EXERCIZO FASE OPOSICIÓN.
Sendo as 17:30 h procédese ao chamamento para realización do “TERCEIRO EXERCICIO: Suposto práctico, aos aspirantes convocados, sendo excluídos da oposición quenes non comparezan, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e libremente apreciada polo Tribunal.
TERCEIRO EXERCICIO: Suposto práctico.
Consistirá na realización por escrito dun exercizo entre os tres propostos pola Comisión seleccionadora no que se valorará a aplicación práctica dos coñecementos teóricos das persoas aspirantes. Os supostos serán determinados polo Tribunal que, previa a realización do mesmo, fixará o suposto e a rúbrica de puntuación. O tempo máximo de duración deste exercizo será dunha hora.
Neste exercizo valorarase a formación xeral, a claridade e orde das ideas, a facilidade de exposición escrita, e a capacidade de síntese. Trala remate do tempo de exposición escrita, a tribunal poderá establecer unha quenda de lectura e defensa do exercizo, onde se realizarán preguntas e/ou aclaracións ás persoas aspirantes relacionadas co exercizo ou coas funcións do posto de traballo. Esta exposición, de ser o caso, gravarase e incorporarase ao expediente.
A cualificación deste exercizo será de 20 puntos, debendo acadarse unha puntuación minima de 10 puntos para superar a mesma.
Para realizar este exercizo, as persoas aspirantes poderán facer uso dos textos, documentación ou libros de consulta que consideren oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material a utilizar non poderá ser susceptible da devandita conexión (ordenadores portátiles, tablets, mobiles…)
Efectuado o chamamento para realización do terceiro exercizo comparecen os seguintes candidatos:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos |
| ***7817** | INES FERNANDEZ CARREIRA |
| ***0548** | CARMEN FERNANDEZ RIVEIRO |
Rematado o exercizo e procedendo o Tribunal a súa cualificación, faise público o resultado acadado polos aspirantes ao efecto da continuidade no proceso de selección do aspirante
APTOS:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos | Puntuación |
| ***0548** | CARMEN FERNANDEZ RIVEIRO | 19,5 |
| ***7817** | INES FERNANDEZ CARREIRA | 18 |
O Tribunal acorda ordear a publicación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do resultado terceiro exercizo da Fase de oposición e convocar a todos os aspirantes declarados APTOS no presente exercicio, para a realización do cuarto exercizo da fase de oposición para o vindeiro 2 de xullo do 2026 ás 17:30 horas, no salón de sesións do Concello de Ares.
“CUARTO EXERCICIO: Entrevista curricular.
Consistirá na realización dunha proba oral na que se realizarán preguntas para avaliar a capacidade competencial das persoas candidatas, ao abeiro dos artigos 61.5 do EBEP e 55.3 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia. A duración aproximada da proba será de 30 minutos. A proba avaliará as seguintes competencias, segundo se sinala:
-
Efectividade
-
Orientación ao servizo e ciudadania
-
Aprendizaxe permanente
-
Toma de decisión
-
Traballa en equipo
Cada aspecto valoraráse segundo o seguinte baremo: mai axeitado: 2 puntos bastante axeitado: 1,5 puntos axeitado: 1 punto pouco axeitado: 0,5 puntos nada axeitado: 0 puntos
A cualificación máxima deste exercizo será de 10 puntos, debendo acadarse unha puntuación mínima de 1 punto (máximo 2 puntos) en cada un dos aspectos valorados para superar a proba.”
O Presidente

