Avisos

Se tes entre 5 e 16 anos e queres vivir unha semana de fútbol aprendendo coa metodoloxía do RC Celta, aínda estás a tempo de reservar a túa praza.

📅 O campus celebrarase do 13 ao 17 de xullo no campo de Prados Vellos, cun programa que combina adestramentos, mais tamén dinámicas lúdicas para desfrutar entre compañeiros.

🎽 Ademais, a inscrición inclúe a equipación oficial de adestramento, diploma de participación e a posibilidade de optar ao Premio Afouteza, que permitirá adestrar con ‘A Canteira’ do RC Celta.

📝 O prazo para formalizar as inscricións remata o 8 de xullo!

ℹ️ Máis información e inscricións na páxina web do RC Celta: https://rccelta.es/fundacion/campus/