Avisos

O xurado, integrado por Laura Rodríguez Herrera, Blanca-Ana Roig Rechou e Marta Neira, vén de desvelar o fallo do IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares, declarándoo por unanimidade como deserto.

O xurado, tras analizar o conxunto de propostas presentadas, determinou que non se acadaron os requisitos de calidade literaria e lingüística e orixinalidade definidos nas bases, de cara a distinguir unha obra gañadora.

Con todo, agradécese publicamente a participación e tamén o interese amosado por todos os autores e autoras que enviaron os textos a esta cuarta edición do certame literario.