ANUNCIO: RESULTADO 4º EXERCICIO E RESULTADO FINAL DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA VACANTE DE OFICIAL DE PRIMEIRA NAVE ALMACÉN, PERSOAL LABORAL FIXO INCLUÍDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES
Sendo as 18:21 horas do día 2 de xullo do 2026, reúnese no salón de sesións do Concello de Ares o tribunal seleccionador (designado por Resolución da Alcaldía 2026-0473 de data 28/05/2026, publicada no B.O.P nº 101 de data 1 de xuño de 2026) para a cobertura dunha praza de Oficial de Primeira nave almacén, Persoal Laboral fixo incluída na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C1, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 02/03/2026 e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm. 82 de data 03/04/2026.
Baixo a presidencia de D. Benito José Calvo Castro, estando presente a secretaria Mª Concepción Dragó Porta e os vogais:
-
1º Vogal: Dna. Carmen González Tenreiro
-
3º Vogal: D. Manuel Larrosa Rodríguez.
Estando presentes a maioría suficiente para o quorum dos membros do Tribunal, dase comezo ás actuacións que seguen:
PUNTO PRIMEIRO.- FASE DE OPOSICIÓN. 4º EXERCICIO
Sendo as 18:22 h procédese ao chamamento para a realización do Cuarto exercicio: Entrevista curricular. Consistirá na realización dunha proba oral na que se realizarán preguntas para avaliar a capacidade competencial das persoas candidatas, ao abeiro dos artigos 61.5 do EBEP e 55.3 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia. A duración aproximada da proba será de 30 minutos. A proba avaliará as seguintes competencias:
-
Efectividade
-
Orientación ao servizo e á cidadanía
-
Aprendizaxe permanente
-
Toma de decisión
-
Traballo en equipo
Cada aspecto valorarase segundo o seguinte baremo:
-
Moi axeitado: 2 puntos
-
Bastante axeitado: 1,5 puntos
-
Axeitado: 1 punto
-
Pouco axeitado: 0,5 puntos
-
Nada axeitado: 0 puntos
A cualificación máxima deste exercicio será de 10 puntos, debendo acadarse unha puntuación mínima de 1 punto (máximo 2 puntos) en cada un dos aspectos valorados para superar a proba.
Efectuado o chamamento para a realización do cuarto exercicio comparece o seguinte candidato:
-
José Ángel Chaparro Fernández, DNI: *5717
Rematado o exercicio e procedendo o Tribunal á súa cualificación, faise público o resultado acadado polo aspirante:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos | Puntuación apartado 1 | Puntuación apartado 2 | Puntuación apartado 3 | Puntuación apartado 4 | Puntuación apartado 5 | Puntuación Total |
| *5717 | José Ángel Chaparro Fernández | 1,5 | 1,5 | 1,5 | 1,5 | 1,5 | 9,5 |
O Tribunal acorda ordenar a publicación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do resultado do cuarto exercicio da Fase de oposición, efectuar proposta de nomeamento a favor do aspirante declarado apto D. José Ángel Chaparro Fernández e publicar o resultado do cómputo total da Oposición no taboleiro de anuncios do Concello coa proposta definitiva do aspirante que superou todas as probas do proceso selectivo.
RESULTADO FINAL (APTO)
| Núm. de identificación | Nome e apelidos | Puntuación Fase concurso | Puntuación exercicio 2 | Puntuación exercicio 3 | Puntuación exercicio 4 | Puntuación Total |
| *5717 | José Ángel Chaparro Fernández | 40 | 15,75 | 26 | 7,5 | 89,25 |
E sendo as 18:53 h do día 2 de xullo de 2026 e no lugar no encabezamento indicado, asínase por parte do presidente o presente.

