Un ano máis, a ría converteuse en espazo de competición ao longo desta fin de semana pasada no marco da última edición da Regata General Gabeiras-Trofeo Audi Autogándara, organizada polo Club Náutico Ría de Ares.
Un evento deportivo que volve a constatar o seu prestixio entre regatistas de todo o territorio galego, ao formar parte do Trofeo Presidente da Xunta de Galicia, puntuando dentro das divisións ORC 0-3 e ORC 4. Nesta ocasión, foron dúas xornadas de competición con dous percorridos ao vento, de tipo barlovento-sotavento, e unha costeira.
Así, Urbapaz, Deep Blue e Pezoas fixéronse coa Regata General Gabeiras, e recibiron os seus respectivos trofeos conmemorativos. Na súa entrega, en representación do Concello, acudiu a concelleira Olimpia Marcos, que parabenizou ás tripulacións gañadoras.
+ información en https://www.rfgvela.es/2026/07/urbapaz-deep-blue-y-pezoas-se-hacen-con-la-regata-general-gabeiras-trofeo-audi-autogandara-del-nautico-ria-de-ares/







