O Campus de Verán do RC Celta comeza coa súa actividade de adestramentos en Prados Vellos

Comparte esta nota de prensa

  • Nos vindeiros días, a rapazada poderá mellorar as súas habilidades futbolísticas co equipo de adestradores do club olívico, sempre en horario matutino.

 

O Campus de Verán do Real Club Celta de Vigo regresa a Ares un ano máis para contribuír á oferta lúdico-deportiva estival. Dende esta mesma mañá e até o 17 de xullo, no campo municipal de fútbol Prados Vellos impulsaranse sesións de adestramentos dirixidas polo persoal do equipo olívico, para que os rapaces e rapazas poidan mellorar na súa práctica deportiva.

O evento, que se coordina entre o Concello, o Celta, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol e o Numancia de Ares, constata a súa fonda tradición no municipio e continúa a ser unha boa oportunidade para entrar en contacto coas metodoloxías do club de Vigo.

Así, nos próximos días a rapazada de entre 5 a 16 anos mellorará as súas habilidades técnicas e tácticas, mais sen esquecerse de desfrutar do fútbol e traballar valores como o compañeirismo, o traballo en equipo e o respecto ao outro.

Serán cinco días de trasfega en Prados Vellos, onde tamén haberá a posibilidade de optar ao Premio AFOUTEZA: un adestramento coa canteira do RC Celta.

 

 

Pódeche interesar