O Campus de Verán do RC Celta pecha unha nova edición en Ares tras cinco días de fútbol e aprendizaxe

Comparte esta nota de prensa

O Campus de Verán do Real Club Celta de Vigo clausurou o venres a súa edición en Ares, poñendo o broche final a cinco días de deporte, formación e diversión no campo municipal de Prados Vellos.

A concelleira Lucía Blanco, asistiu en representación do Concello ao acto de clausura, no que despediu á rapazada participante e felicitou o seu esforzo e implicación durante toda a semana.

Organizado polo Concello de Ares, o RC Celta, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol e o Numancia de Ares, o campus permitiu que nenos e nenas de entre 5 e 16 anos coñecesen a metodoloxía de traballo do club olívico, mellorando as súas habilidades futbolísticas e reforzando valores como o compañeirismo, o respecto e o traballo en equipo.

Dende o Concello agradécese a colaboración de todas as entidades participantes, das familias e, especialmente, da rapazada, que converteu esta nova edición do campus nun éxito.

Pódeche interesar