O Concello, e a Comisión de Festas de San Roque, presentaron o cartel da III Festa do Arroz con Garrafón, unha cita gastronómica que se celebrará o sábado 25 de xullo, a partir das 13.00 horas, no Parque Rosalía de Castro.
A terceira edición desta iniciativa volverá converter o parque nun punto de encontro para a veciñanza e as persoas visitantes arredor dun prato que xa se consolidou como unha das propostas gastronómicas máis singulares do verán aresán. Está prevista a elaboración de preto de 500 racións, consolidando así unha cita que cada ano reúne a centos de persoas para compartir unha xornada gastronomía.
As persoas asistentes poderán degustar unha ración de arroz con garrafón por un prezo de 10 euros, que incluirá pan e auga ou viño.
A festa rende homenaxe á figura de Ramón Rey “Garrafón”, mantendo vivo o recordo dunha expresión xa popular no municipio, “Por terra, mar e aire… e por debaixo da auga…”, que inspira un prato elaborado con ingredientes procedentes do mar, da terra e da horta.

