O pasado luns inaugurouse na Casa da Xuventude a mostra pictórica da aresá Gloria López.

Comparte esta nota de prensa

A exposición reúne fermosos retratos de nenos e nenas en diferentes situacións cotiás, escenas cheas de naturalidade e tenrura que nos achegan un entrañable sorriso. 😊

No acto de inauguración estivo presente Alma Barrón, concelleira de Cultura do Concello de Ares, acompañando á artista na presentación da súa obra.

A mostra poderá visitarse ata o 14 de agosto, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas, e tamén os martes, mércores e xoves, de 20:30 a 23:00 horas.

 Animámosvos a achegarvos e descubrir o traballo da artista aresá.

Pódeche interesar