A Policía Local de Ares, en coordinación coa Policía Local de Mugardos, establecerá un operativo especial de circulación e seguridade con motivo do Eclipse Solar do 12 de agosto.
Habilitaranse sentidos únicos de circulación, zonas de estacionamento e vías de saída para facilitar a mobilidade e evitar aglomeracións.
Recoméndase planificar o desprazamento con antelación, seguir en todo momento as indicacións dos axentes e do persoal do operativo e circular con precaución.
Lembra: queda prohibido acceder ao complexo petroquímico de Punta Promontorio e ao seu dominio para observar o eclipse.
A colaboración de todas e todos é fundamental para gozar do eclipse con seguridade e tranquilidade.

