JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES, FAGO SABER QUE:
Hoxe martes 11 de agosto ven de celebrarse a última das reunións de coordinación entre a Policía Local de Ares, Garda Civil e subdelegación do goberno co fin de actualizar información e as medidas a adoptar co gallo do eclipse de sol que terá lugar mañá 12 de Agosto.
Tendo en conta as previsións actualizadas postas de manifesto na xuntanza e que prevén unha grande afluencia de público á nosa vila e ás da contorna para observar o fenómeno astronómico de mañá, faise preciso adoptar unha serie de medidas especiais e recomendacións relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado de vehículos.
Facendo uso das atribucións que me confire o artigo 7 do RDL 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, nos seus apartados a) e f), e o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establécense as seguintes
NORMAS ESPECIAIS E RECOMENDACIÓNS:
- Respectar en todo momento as limitacións de acceso aos puntos de observación situados tanto na zona de Chanteiro, Montefaro, como nos accesos ao Convento de Santa Catalina de Montefaro.
- Respectar as zonas habilitadas para o estacionamento de vehículos e facer especial fincapé en respetar os sentidos únicos de circulación que se establecerán nos accesos aos puntos de observación (xa publicados).
- Contémplase a posibilidade de ter que cortar o acceso por determinadas vías en caso de colapso delas.
- Ante a a previsión de atascos e aglomeracións de vehículos dende a saída da Autopista AP 9 cara Ares e Mugardos, recoméndase todo aquel que teña a necesidade de desprazarse en vehículo particular por estas vías fágao con suficiente antelación xa que non será posible garantir a fluidez do tráfico rodado.
- Tendo en conta todo ao anterior recomendase prescindir do uso de vehículos para acceder aos lugares onde se desexe observar o eclipse.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Ares, 11 de agosto do 2026
O alcalde,
Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo


