Clausurada a 18ª edición do Campus de verán de baloncesto Chiquibasket

Comparte esta nota de prensa

A 18ª edición do Campus Chiquibasket, impulsado por Chiqui Barros e o Concello de Ares, concluíu o pasado venres no Pavillón Polideportivo Municipal, que durante toda unha semana se converteu nun centro de adestramento, aprendizaxe e diversión arredor do baloncesto.

Máis de 30 rapazas e rapaces participaron nesta nova edición, na que tiveron a oportunidade de desfrutar do seu deporte favorito, perfeccionar a súa técnica e compartir unha semana de convivencia e aprendizaxe a través do baloncesto.

O pasado venres celebrouse no propio pavillón o acto oficial de clausura, no que participaron os promotores do Campus e a concelleira de Deportes, Alma Barrón, poñendo o peche a unha nova edición desta iniciativa deportiva xa consolidada no calendario estival de Ares.

Ao longo da semana, as e os participantes combinaron os adestramentos e a mellora das súas habilidades deportivas con momentos de convivencia e lecer, permitindo tamén coñecer e desfrutar da vila de Ares máis aló das instalacións deportivas.

O Campus Chiquibasket constitúe así unha proposta que vai máis alá da práctica deportiva, fomentando entre as e os máis novos valores como o compañeirismo, o traballo en equipo, o esforzo e a convivencia, nun ambiente pensado para aprender e desfrutar do baloncesto.

Desde o Concello de Ares agradecen a participación de todas as rapazas e rapaces e o traballo desenvolvido durante estes días, así como a implicación de Chiqui Barros e de todo o equipo do Campus, que fan posible que esta iniciativa continúe medrando ano tras ano.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.