Desde a Concellería de Deportes do Concello de Ares informamos de que, a partir do venres 21 de agosto, poderase consultar o estado das solicitudes de participación nas Actividades Deportivas Municipais 2026/2027.
As listaxes iniciais das persoas admitidas estarán dispoñibles no taboleiro de información do Pavillón Municipal, en horario de 9:00 a 13:00 horas.
Ademais, as persoas que obtiveran praza nalgunha das actividades recibirán un aviso por correo electrónico.
As actividades darán comezo a partir do 1 de setembro, segundo os horarios establecidos.
Recoméndase consultar as listaxes para comprobar o estado da solicitude e a asignación de praza.


