Do 15 ao 17 de outubro de 2026 en Ares (A Coruña)
Lugar: Salón de actos da Biblioteca Municipal de Ares (Alianza Aresana)
Aforo: Máximo 30 persoas
COÑECE AOS PONENTES
PAS inspiradoras que mimarán e rexerarán a túa enerxía sensible:
-
Esencia de Iris (Autora, Podcaster e Nómada)
“As decisións achégamme a quen son en realidade”
-
Yoli Ferrer (Coach e creadora de espazos de liberdade para quen vive e sinte o mundo de maneira máis profunda)
-
Senén Rodríguez-Carrera (Arquitecto e terapeuta Gestalt)
“Compaginando o mundo empresarial co acompañamento persoal e grupal”
-
Concha Tejada (Farera para PAS. Encenzo os lumes e desbloqueo talentos)
“As PAS precisamos terra amable para florecer”
-
Ana Merino (Docente, psicopedagoga e facilitadora humanista en procesos de aprendizaxe e crecemento)
“Sentir en liberdade”
-
Laura Moreno (Profesora de inglés en reinvención. Xeneradora de espazos de escoita e transformación para profes)
PROGRAMA DAS XORNADAS
· Xoves 15 ·
-
18:00 – 19:00 | Actividade de entrada libre (Salón de actos da Alianza Aresana / Biblioteca Municipal)
-
Tema: “AUTOCOIDADO & TALENTO: Como cultivar o talento e o benestar das PAS dende a infancia ata a madurez”
-
Mesa Redonda PAS
-
Moderan: Ana Merino e Concha Tejada.
-
Coa colaboración de: Ana Belén Vidal Ramos, Presidenta de AGALAS.
-
Descrición: As persoas altamente sensibles necesitan contornas que recoñezan e potencien os seus talentos naturais. Falaremos sobre a importancia de coñecer a nosa forma natural de aprender, crear, sentir o mundo e achegar. E como este coñecemento pode axudarnos a construír traxectorias educativas, profesionais e vitais máis saudables e satisfactorias. Porque cando unha PAS se sinte vista e recoñecida, isto non só é beneficioso para ela: enriquece tamén ás comunidades das que forma parte.
-
· Venres 16 ·
Lugar: Salón de actos da Alianza Aresana (Biblioteca Municipal)
Mañá (09:30 a 13:30)
-
09:30 – 10:00 | Apertura de portas e entrega de acreditacións & kit de benvida.
-
10:00 – 10:15 | Inauguración por Alma Barrón, Concelleira de Cultura, Deportes, Mobilidade e Patrimonio de Ares.
-
10:15 – 10:30 | Concha Tejada — Introdución: Os dous novos pilares da alta sensibilidade.
-
10:30 – 11:10 | Yoli Ferrer — Charla: Por que me empeño en vivir coma se NON fose PAS?
-
11:10 – 11:50 | Pausa para o café (Podes tomar un respiro, unha infusión, unha froita ou un tentempé e visitar a MESA DE MESTRAS con libros, arte e produtos especialmente deseñados para PAS. Aproveita tamén para crear lazos con outras persoas altamente sensibles).
-
11:50 – 12:30 | Iris (Esencia de Iris) — Charla: “Caos, orde e alta sensibilidade”.
-
12:30 – 12:45 | Pausa – Mesa de mostras.
-
12:45 – 13:25 | Senén Rodríguez-Carrera — Charla: “A sensibilidade masculina nun mundo que nos pide dureza”.
-
13:30 – 16:30 | Pausa para xantar e descansar.
Tarde (16:30 a 19:15)
-
16:30 – 17:15 | Obradoiro con Ana Merino — Dende a infancia ao adulto san: o papel das fortalezas na construción do autocoidado PAS.
-
17:15 – 17:30 | Descanso / Mesa de mostras.
-
17:30 – 18:10 | Laura Moreno — Charla: PROFESORES ALTAMENTE SENSIBLES: Identidade e autoconcepto.
-
18:10 – 18:25 | Descanso / Mesa de mostras.
-
18:25 – 19:05 | Concha Tejada — Charla: Integra o trazo na túa vida. As 6 portas que unha PAS necesita abrir para florecer.
-
19:15 | Peche da xornada de charlas.
· Sábado 17 ·
-
10:00 – 12:00 | Excursión a pé polo Camiño da costa dos acantilados de Ares.
-
12:00 – 13:00 | Aperitivo galego no BOCARTE (MERCADO ARESANO).
Aperitivo con aforo limitado. Esta experiencia está reservada ás ponentes e ás primeiras persoas que conten a súa inscrición ás xornadas.
COLABORAN:
-
Concello de Ares
-
AGALAS (Asociación de Gallegos Altamente Sensibles)
-
Bocarte Gastrobar (Mercado Municipal de Ares)

