O pasado domingo pola tarde, a Igrexa de San Xosé foi escenario da IX Homenaxe Musical a Gildo Illobre, unha cita emotiva para manter viva a lembranza deste veciño de Ares, falecido en 2015, que deixou unha fonda pegada na vida cultural do municipio e da comarca.
A música e o canto foron, unha vez máis, protagonistas desta homenaxe. A Rondalla Trovadores de Ares, da que Gildo foi acordeonista e director, e a Rondalla Mugardesa ofreceron as súas actuacións como mostra de cariño e recoñecemento á súa figura.
Familiares de Gildo Illobre acompañaron este acto, que contou tamén coa presenza da representación institucional do Concello de Ares, encabezada polo alcalde, Julio Ignacio Iglesias, xunto coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edila de Benestar, Victoria Montenegro.
O Concello de Ares promoveu esta homenaxe coa colaboración de Bodegas y Vinos Ares e da Rede Cultural de Cultura da Deputación da Coruña, nun encontro que serviu para poñer novamente en valor o legado musical e humano de Gildo e a súa contribución á cultura da vila.
Desde o Concello lamentamos que a Coral Polifónica Costumes de Bergondo non puidese acompañarnos finalmente nesta ocasión debido a un incidente de saúde da súa directora, á que lle desexamos unha pronta recuperación.
📸 Compartimos algunhas imaxes desta emotiva xornada.












