RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Asunto: CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN PEÓN PARA O PROGRAMA MANTEMENTO DE OBRAS PÚBLICAS TR350E
ANTECEDENTES
Primeiro. Mediante a Orde do 22 de maio de 2026 aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, en colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, procedemento TR350E.
Segundo. Por Resolución do 17 de agosto de 2026 da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais concedeuse ao Concello de Ares, no expediente TR350E-2026-00000114-00, unha subvención de 16.902,64 euros para contratar unha persoa traballadora, grupo de cotización 10 e CNO 9601, durante nove meses e cunha xornada laboral do 100 por cento.
Terceiro. O Concello tramitou o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun peón destinado ao programa Mantemento de Obras Públicas. Mediante o Decreto da Alcaldía número 2026- 0839, do 21 de setembro de 2026, designouse o Tribunal Cualificador.
Cuarto. Na Acta número 1, do 22 de setembro de 2026, o Tribunal valorou a experiencia laboral e a formación relacionada co posto, cun máximo de seis puntos. Na Acta número 2, do 24 de setembro de 2026, realizou e cualificou as entrevistas persoais, cun máximo de catro puntos, e formulou a proposta de contratación e a lista de reserva.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. O artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, atribúelle á Alcaldía a xefatura superior de todo o persoal da Corporación e as competencias en materia de persoal que non estean atribuídas a outro órgano.
Segundo. Resultan aplicables a Orde do 22 de maio de 2026, en particular os seus artigos 29 e 30; as bases do proceso selectivo; o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro; e a restante normativa laboral e de emprego público aplicable.
Terceiro. A proposta do Tribunal vincula a resolución do proceso nos termos previstos nas bases, sen prexuízo da comprobación dos requisitos que debe reunir a persoa seleccionada no momento da formalización do contrato.
Á vista do expediente e no exercicio das competencias que me atribúe a normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar o resultado final do proceso selectivo, de acordo coa proposta elevada polo Tribunal Cualificador:
| ORDE | PERSOA CANDIDATA | ENTREVISTA | MÉRITOS | TOTAL |
| 1 | Alberto Rey Couceiro | 2,80 | 2,22 | 5,02 |
| 2 | Tania Rey Meizoso | 1,15 | 3,00 | 4,15 |
| 3 | Youssef Ghribi | 1,90 | 0,35 | 2,25 |
Segundo. Contratar a Alberto Rey Couceiro, por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación total, para ocupar un posto de peón no programa Mantemento de Obras Públicas TR350E, condicionando a eficacia da contratación á acreditación e comprobación de todos os requisitos esixidos na convocatoria.
Terceiro. Constituír a seguinte lista de reserva, ordenada de maior a menor puntuación, para os supostos de renuncia, falta de acreditación dos requisitos, imposibilidade de formalización, baixa ou substitución que proceda conforme ás bases e á normativa reguladora: 1ª Tania Rey Meizoso, con 4,15 puntos; 2º Youssef Ghribi, con 2,25 puntos.
Cuarto. Formalizar a contratación mediante o modelo de contrato de traballo vinculado a programas de políticas activas de emprego, na modalidade de cláusulas específicas correspondente ao código 405, e comunicalo obrigatoriamente a través da aplicación Contrat@. O contrato terá unha duración de nove meses e unha xornada a tempo completo, equivalente ao 100 por cento.
Quinto. Fixar para a persoa contratada un salario bruto mensual de 1.424,50 euros, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e dos complementos salariais suxeitos a cotización, de acordo co importe aprobado na solicitude municipal. O Concello asumirá, se procede, os custos que excedan o financiamento concedido.
Sexto. Establecer como data límite para a formalización do contrato unha data anterior ao 30 de outubro de 2026, co fin de posibilitar a presentación, dentro do prazo concedido, da documentación xustificativa requirida pola resolución de concesión.
Sétimo. Requirir á persoa proposta para que, antes da formalización, achegue a documentación acreditativa dos requisitos previstos nas bases e no artigo 29 da Orde do 22 de maio de 2026.
Oitavo. Autorizar a tramitación do contrato, a alta na Seguridade Social e as actuacións laborais, orzamentarias e administrativas necesarias para executar esta resolución, con cargo ás aplicacións correspondentes e dentro dos límites da subvención concedida e da achega municipal que resulte necesaria.
Noveno. Publicar esta resolución na páxina web do Concello de Ares para os efectos de publicidade e transparencia do proceso selectivo, e notificala á persoa proposta para a contratación e ás persoas integrantes da lista de reserva.
Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a data de sinatura electrónica do documento e do que eu, coma Secretario, dou fe.
O ALCADE-PRESIDENTE D.S.M. O SECRETARIO


