Ares volve ser distinguida na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, nesta ocasión cunha achega de 2.777,77 euros, que permitirá seguir reforzando o fondo bibliográfico e os recursos da biblioteca.
A proposta premiada, «Entre libros, talleres e xogos… imos medrando», aposta por achegar a lectura á infancia a través de tres piares fundamentais:
- Libros, para crear desde pequenos un vínculo positivo coa lectura.
- Talleres, como espazos de aprendizaxe, participación e creatividade.
- Xogos, como ferramenta para medrar, relacionarse e estimular a imaxinación.
Unha iniciativa que reforza o papel da biblioteca como un espazo aberto, próximo e accesible, onde aprender, compartir e gozar da cultura en familia.
Con este novo recoñecemento, a Biblioteca Municipal de Ares suma xa 9 distincións María Moliner: 8 na categoría ordinaria e un premio extraordinario de 10.000 euros, obtido na pasada edición.
Un novo impulso para seguir facendo da biblioteca un punto de encontro coa lectura, coa cultura e coa veciñanza de Ares.

