A praia do Raso acollerá a XV Limpeza Simultánea de Praias

Comparte esta nota de prensa

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares e no marco da iniciativa promovida por ADEGA, participará na XV Limpeza Simultánea de Praias, que se celebrará o vindeiro domingo 18 de outubro.

A actividade desenvolverase na praia do O Raso, en Caamouco, e está aberta á participación da veciñanza e de todas aquelas persoas voluntarias que desexen sumarse a esta acción colectiva de coidado e conservación do litoral. A xornada dará comezo ás 11:00 horas e ten como obxectivo contribuír á limpeza do areal, concienciar sobre a importancia de preservar os nosos espazos naturais e fomentar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición chamando ao 617 66 54 38.

A iniciativa forma parte da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA, unha convocatoria que cada ano anima á cidadanía a implicarse activamente na defensa e conservación do litoral galego.

Pódeche interesar