XV Limpeza Simultánea de Praias

Comparte este evento

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares e no marco da iniciativa promovida por ADEGA, organiza unha nova xornada da XV Limpeza Simultánea de Praias.

A actividade terá lugar o domingo 18 de outubro, ás 11:00 horas, na praia do O Raso (Caamouco, Ares), e está aberta á participación da veciñanza e persoas voluntarias que queiran colaborar no coidado e conservación do noso litoral. 🐚

A xornada busca contribuír á limpeza da praia, sensibilizar sobre a importancia de preservar os espazos naturais e fomentar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

 Para participar, é necesario realizar a inscrición previa no teléfono 617 66 54 38.

Únete á marea e axuda a coidar o noso litoral! 💚

Pódeche interesar...

Eventos

Samaín na Biblioteca 2026

Programación de medo na Biblioteca Municipal de Ares para gozar da lectura e do misterio. 28 de outubro, ás 19:30 h: «Unha biblioteca de medo»

Eventos

Samaín 2026 en Ares

O Concello de Ares organiza unha tarde chea de misterio, diversión e tradición para gozar en familia. Venres, 30 de outubro, ás 17:00 h  Castañeira