XV Limpeza Simultánea de Praias

Comparte este evento

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares e no marco da iniciativa promovida por ADEGA, organiza unha nova xornada da XV Limpeza Simultánea de Praias.

A actividade terá lugar o domingo 18 de outubro, ás 11:00 horas, na praia do O Raso (Caamouco, Ares), e está aberta á participación da veciñanza e persoas voluntarias que queiran colaborar no coidado e conservación do noso litoral. 🐚

A xornada busca contribuír á limpeza da praia, sensibilizar sobre a importancia de preservar os espazos naturais e fomentar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

 Para participar, é necesario realizar a inscrición previa no teléfono 617 66 54 38.

Únete á marea e axuda a coidar o noso litoral! 💚

Pódeche interesar...

Eventos

Concerto Día do Músico 2026

Data: Sábado, 21 de novembro de 2026 Hora: 17:30 h Lugar: Casino Aresano (Ares) Actuacións: Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo). Rondalla de Cariño. Coro